Jump to content

Termos de uso da Fundación Wikimedia

From Wikimedia Foundation Governance Wiki
This page is a translated version of the page Policy:Terms of Use and the translation is 41% complete.
Outdated translations are marked like this.

Shortcut:
ToU

Os nosos termos de uso

Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Iso é o que estamos a facer.A nosa visión dos proxectos

Dámoslle a benvida á Wikimedia! A Fundación Wikimedia, Inc. (en diante, "nós") é unha organización sen fins lucrativos coa misión de animar e atraer xente de todo o mundo para recompilar e desenvolver contidos educativos e publicalos baixo unha licenza libre ou no dominio público e diseminar estes contidos de xeito efectivo e global, sen custos.

Para soster a nosa comunidade activa, achegamos as infraestruturas esenciais e o esqueleto organizativo para o desenvolvemento de proxectos wiki multilingües e as súas edicións (como se explica aquí), así como outros esforzos que sirvan á nosa misión. Esforzámonos por crear e manter dispoñibles na internet contidos educativos e informativos nos proxectos, sen custo ningún, para sempre.

Dámoslle a benvida (en diante, "vostede" ou "usuario") como lector, editor, autor ou colaborador dos proxectos da Wikimedia e animámolo a que se una á nosa comunidade. Antes de participar, con todo, pedimos que lea e acepte os seguintes termos de uso (en diante, "termos de uso").

Vista xeral

Estes termos de uso explican os servizos públicos da Fundación Wikimedia, a nosa relación con vostede como usuario e os dereitos e responsabilidades que ambas as partes debemos cumprir. Queremos que saiba que aloxamos unha incrible cantidade de contidos educativos e informativos, todos eles achegados por usuarios coma vostede. Por regra xeral, nós non achegamos, vixiamos ou borramos contidos (coa rara excepción de políticas como estes termos de uso ou por esixencia legal en caso de notificacións da DMCA). Isto significa que o control editorial está nas mans de vostede e dos usuarios que crean e administran os contidos. Nós unicamente aloxamos ese material.

A comunidade (a rede de usuarios que constrúe e utiliza constantemente os diversos sitios ou proxectos) é o principal medio a través do cal acadamos os obxectivos da nosa misión. A comunidade contribúe e axuda a xestionar os nosos sitios. A comunidade encárgase da función crucial de crear e facer cumprir as políticas sobre as edicións en cada proxecto (como todas as edicións en diferentes linguas do proxecto da Wikipedia ou a edición multilingüe da Wikimedia Commons).

Vostede é libre de unirse a nós como colaborador, editor ou autor, pero debe seguir as políticas que rexen cada unha das edicións independentes dos proxectos. O noso maior proxecto é a Wikipedia, pero aloxamos outros proxectos, cada un con diferentes obxectivos e métodos de traballo. Cada edición dun proxecto ten un equipo de colaboradores, editores ou autores que traballan xuntos para crear e administrar os contidos dese proxecto. Pode unirse a estes equipos e traballar con eles para mellorar os proxectos. Dado que nos dedicamos a poñer os contidos accesibles ao público de xeito gratuíto, por norma xeral é necesario que todo o material que achegue estea dispoñible baixo unha licenza libre ou no dominio público.

Teña presente que vostede é responsable legalmente de todas as súas contribucións, edicións e reutilizacións dos contidos da Wikimedia baixo as leis dos Estados Unidos de América e outras leis aplicables (que poden incluír as leis do lugar onde reside ou desde o que ve ou edita os contidos). Isto significa que é importante que vaia con tino ao publicar contidos. Á vista desta responsabilidade, temos algunhas normas sobre aquilo que non pode publicar, a meirande parte é pola súa propia protección ou pola protección doutros usuarios coma vostede. Teña en conta que os contidos que aloxamos son para fins informativos xerais unicamente, de modo que se necesita consello profesional para unha determinada cuestión (sexa médica, legal ou financeira) debe buscar a axuda dun profesional licenciado e cualificado. Tamén incluímos outros avisos e renuncias importantes, así que pedimos a lectura completa dos presentes termos de uso.

Para que quede claro: outras organizacións, como os capítulos locais da Wikimedia e asociacións, que poden compartir a mesma misión, son legalmente independentes e están separadas da Fundación Wikimedia e non teñen responsabilidade ningunha sobre as operacións do sitio web ou os seus contidos.

1. Os nosos servizos

A Fundación Wikimedia dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de contido libre multilingüe, e aloxar todo este material en proxectos do tipo wiki para o público, sen custos. O noso papel é albergar algúns dos meirandes proxectos de referencia editados de xeito colaborativo no mundo, atopados neste enderezo. Con todo, nós actuamos unicamente como un servizo de hospedaxe, mantendo a infraestrutura técnica e organizativa que permite aos nosos usuarios construír os proxectos da Wikimedia ao achegar e editar os contidos que elaboran. Debido ao noso único papel, existen un par de cousas que debe ter presente ao considerar a nosa relación con vostede, os proxectos e os outros usuarios:

As used throughout the rest of the Terms of Use, our services consist of: The Project Websites we host, technological infrastructure that we maintain, and any technical spaces that we host for the maintenance and improvement of our Projects.

Because of our unique role, there are a couple of things you should be aware of when considering our relationship to you, the Projects, and other users:

  1. Non exercemos un papel editorial: Debido á natureza de edición colaborativa dos proxectos da Wikimedia, calquera contido que aloxemos foi proporcionado por usuarios coma vostede, e nós non exercemos un papel editorial. Isto significa que, por regra xeral, non controlamos ou modificamos os contidos dos sitios web dos proxectos, e non temos responsabilidade ningunha sobre estes contidos. Do mesmo modo, non apoiamos ningunha opinión expresada a través dos nosos servizos, e non representamos ou garantimos a veracidade, exactitude ou fiabilidade de calquera contido enviado pola comunidade. No canto diso, simplemente proporcionamos acceso aos contidos que os demais usuarios achegaron e editaron.
  2. Vostede é o único responsable das súas accións: Vostede é legalmente responsable das súas edicións e contribucións nos proxectos da Wikimedia. Pola súa propia protección, debe ter coidado e evitar achegar calquera contido que poida resultar nunha responsabilidade civil ou criminal segundo as leis aplicables. Para unha maior claridade, as leis aplicables inclúen, polo menos, as leis dos Estados Unidos de América. Aínda que podemos non estar de acordo con esas accións, advertimos aos editores e colaboradores que as autoridades poden intentar aplicar as leis doutros países, incluíndo leis locais do lugar onde reside ou desde o que ve ou edita os contidos. A WMF xeralmente non pode ofrecer protección, garantía, inmunidade ou indemnización.

2. Política de protección de datos

Pedimos que revise os termos da nosa política de protección de datos para que sexa consciente do xeito en que recollemos e usamos a súa información. Dado que xente de todo o mundo fai uso dos nosos servizos, a información persoal que recollemos pode almacenarse e procesarse nos Estados Unidos de América ou en calquera outro país no que nós ou os nosos axentes manteñan instalacións. Ao facer uso dos nosos servizos, permite calquera destas transferencias de información fóra do seu país.

3. Os contidos que aloxamos

  1. Pode atopar material problemático ou erróneo: Dado que achegamos unha gran cantidade de contidos producidos ou recompilados por usuarios coma vostede, é posible que dea con algún material ofensivo, erróneo, enganoso, mal identificado ou doutro xeito reprobable. Por este motivo pedimos que faga uso do sentido común e xulgue os contidos ao utilizar os nosos servizos.
  2. Os nosos contidos son unicamente para uso informativo xeral: Malia que aloxamos unha manchea de información referida a temas profesionais, como asuntos médicos, legais ou financeiros, estes contidos preséntanse con fins informativos xerais unicamente. En ningún caso deben confundirse co consello dun profesional. Busque asesoramento profesional independente de alguén licenciado ou cualificado na área en cuestión sobre calquera información, opinión ou consello presente nalgún dos nosos proxectos.

4. Restricións de certas actividades

Os proxectos aloxados pola Fundación Wikimedia existen grazas a unha enorme comunidade de usuarios coma vostede que colabora xunta para escribir, editar e organizar os contidos. Celebramos a súa participación nesta comunidade. Fomentamos o comportamento cívico e cortés nas súas interaccións co resto da comunidade, as actuacións de boa fe e a realización de edicións e contribucións encamiñadas a conseguir cumprir a misión do proxecto.

Certas actividades, xa sexan legais ou ilegais, poden danar os outros usuarios e violar as nosas normas; outras actividades poden supoñerlle certas responsabilidades. Por este motivo, para a súa propia protección e pola dos demais usuarios, non debe participar destas actividades nos nosos sitios. Estas actividades inclúen:

Acoso e abuso contra outros
  • Acosar, ameazar, perseguir, incluír spam ou vandalismos; e
  • Transmitir correos en cadea, correos lixo ou spam a outros usuarios.
Violar a protección de datos dos outros
  • Infrinxir os dereitos de protección de datos doutros baixo as leis dos Estados Unidos de América ou outras leis aplicables (que poden incluír as leis do lugar onde reside ou desde o que ve ou edita os contidos);
  • Solicitar información persoal con fins de acoso, explotación, violación do anonimato ou calquera propósito promocional ou comercial sen a aprobación explícita por parte da Fundación Wikimedia; e
  • Solicitar información persoal de calquera persoa con menos de 18 anos de idade con fins ilegais ou para violar calquera lei aplicable en relación coa saúde ou co benestar das persoas menores de idade.
Realizar afirmacións falsas, usurpar identidades ou cometer fraude
  • Publicar, de xeito intencionado ou con coñecemento, contidos que constitúan calumnias ou difamación;
  • Publicar, con intención de enganar, contidos falsos ou imprecisos;
  • Intentar usurpar a identidade doutro usuario ou individuo, representando de maneira falsa a súa afiliación con calquera individuo ou entidade ou facendo uso do nome de usuario doutro usuario co propósito de enganar; e
  • Realizar ou participar en actividades fraudulentas.
Cometer infraccións
  • Infrinxir os dereitos de autoría, marcas comerciais, patentes ou outros dereitos de propiedade segundo as leis aplicables.
Facer un mal uso dos nosos servizos para outras actividades ilegais
  • Publicar pornografía infantil ou calquera outro contido que viole as leis aplicables con respecto á pornografía infantil;
  • Publicar ou traficar con material obsceno que sexa ilícito baixo a lei aplicable; e
  • Usar os servizos de modo incompatible coa lei aplicable.
Facer un uso indebido e ilegal dos servizos
  • Publicar ou distribuír material que conteña calquera virus, característica disfuncional, verme, cabalo de Troia, código malicioso ou outro dispositivo que poida danar a nosa infraestrutura técnica ou sistema ou o dos nosos usuarios;
  • Facer un uso automatizado do sitio que abuse ou destrúa os servizos e non teña a aprobación da comunidade da Wikimedia;
  • Perturbar os servizos colocando unha carga indebida sobre o sitio web dun proxecto ou as redes ou os servidores conectados co sitio web dun proxecto;
  • Perturbar os servizos inzando o sitio web de calquera proxecto de comunicacións ou outro tráfico que suxira unha intención non seria de usar o sitio web do proxecto para o propósito establecido;
  • Acceder, manipular ou usar de xeito consciente calquera das áreas non públicas dos nosos sistemas informáticos sen autorización; e
  • Examinar, analizar ou probar a vulnerabilidade de calquera dos nosos sistemas técnicos ou redes, a menos que se cumpran todas estas condicións:
  • Disrupting the services by inundating any of the Project Websites with communications or other traffic that suggests no serious intent to use the Project website for its stated purpose;
  • Knowingly accessing, tampering with, or using any of our non-public areas in our computer systems without authorization; and
  • Probing, scanning, or testing the vulnerability of any of our technical systems or networks unless all the following conditions are met:
  • que estas accións non abusen ou perturben de xeito excesivo os nosos sistemas técnicos ou redes;
  • que estas accións non supoñan algunha ganancia persoal (agás polo crédito do seu traballo);
  • que vostede informe de calquera vulnerabilidade aos desenvolvedores de MediaWiki (ou que as arranxe vostede); e
  • que non realice as devanditas accións con intencións maliciosas ou destrutivas.

Paid Contributions Without Disclosure
Estes termos de uso prohíben a participación en actividades fraudulentas, incluíndo a terxiversación da afiliación, a suplantación de identidade e a fraude. Como parte destas obrigas, vostede debe revelar a identidade do seu patrón, cliente e afiliación con respecto a calquera contribución pola que vostede reciba, ou espere recibir, compensación económica. Esta información debe revelarse dalgún dos seguintes xeitos:
  • unha declaración na súa páxina de usuario;
  • unha declaración na páxina de conversa que acompañe a calquera contribución remunerada; ou
  • unha declaración no resumo de edición que acompañe a calquera contribución remunerada.
  • In addition, if you make a public posting off the Projects advertising editing services on Wikipedia in exchange for compensation of any kind, you must disclose all Wikipedia accounts you have used or will use for this service in the public posting on the third-party service.
A lexislación en vigor ou as políticas e normas comunitarias e da Fundación, como a referente ao conflito de intereses, poden limitar aínda máis as contribucións pagadas ou esixir unha revelación máis detallada.
A comunidade do proxecto da Wikimedia pode adoptar unha política alternativa de revelación de contribucións remuneradas. Se un proxecto adopta unha política de revelación alternativa, ao colaborar nese proxecto vostede pode cumprir con esa política no canto dos requisitos desta sección. Unha política alternativa sobre as contribucións remuneradas unicamente pode substituír estes requisitos se está aprobada pola correspondente comunidade do proxecto e está presente na lista de políticas alternativas de revelación.
  • A Wikimedia Project community may adopt an alternative paid contribution disclosure policy which may supplement or replace this section. If a Project adopts an alternative disclosure policy, you may comply with that policy instead of the requirements in this section (titled "Paid Contributions Without Disclosure") when contributing to that particular Project.

Reservámonos o dereito de facer respectar o anterior conforme aos presentes termos.

Marketing Company Mediations

Undisclosed editing by users receiving compensation creates an unreasonable burden on volunteer editors who investigate and enforce community policies. Therefore, for violations of this section related to undisclosed paid editing, you agree to submit to binding "Med-Arb" (a "Marketing Company Mediation") as described in section 14 of these Terms of Use.

5. Seguridade dos contrasinais

Vostede é o único responsabe da protección do seu contrasinal e en ningún caso debe revelarllo a ninguén.

6. Marcas comerciais

Aínda que vostede conte cunha ampla liberdade para reutilizar os contidos dos proxectos, é importante salientar que na Fundación Wikimedia protexemos os nosos dereitos como marca comercial co obxectivo de protexer os nosos usuarios de usurpacións fraudulentas. Debido a isto, pedimos que respecte as nosas marcas. Todas as marcas comerciais da Fundación Wikimedia pertencen á Fundación Wikimedia, e calquera uso dos nosos nomes, marcas, servizos, logos ou nomes de dominio debe facerse de acordo con estes termos de uso e cumprindo a nosa política de marcas.

7. Licenza dos contidos

Para promover o crecemento do coñecemento e da cultura libres, todos os usuarios que colaboren nos proxectos deben outorgar diversos permisos ao público xeral para redistribuír e reutilizar as súas contribucións de xeito libre, sempre e cando este uso sexa recoñecido adecuadamente e se dea a mesma liberdade de reutilización e redistribución a calquera obra derivada. Para cumprir co noso fin de proporcionar información libre á maior audiencia posible, obrigamos a que, cando sexa necesario, todo contido enviado se atope baixo unha licenza que permita a reutilización libre por parte de calquera que queira acceder a ese contido.

Acepta as seguintes obrigacións sobre a licenza:

  1. Textos dos que sexa posuidor dos dereitos de autoría: Cando envíe textos sobre os que teña os dereitos, acepta publicalos baixo estas licenzas:

    • [$1 Licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported] ("CC BY-SA") e
    • Licenza de documentación libre de GNU ("GFDL") (sen versionar, sen seccións invariantes, textos de portada ou textos de contraportada).

    (Os usuarios que reutilicen os textos poden cumprir unha das licenzas ou ambas.)

    Reusers may comply with either license or both.


    A única excepción é se a edición ou característica do proxecto necesita unha licenza distinta. Nese caso, acepta publicar calquera texto que achegue baixo esa licenza en concreto. Por exemplo, no momento da publicación desta versión dos termos de uso, a Wikinews en inglés obriga a publicar todos os contidos baixo a licenza Creative Commons recoñecemento 2.5 xenérica (CC BY 2.5) e non pide unha licenza dobre con GFDL.

    Teña conta que estas licenzas permiten o uso comercial das súas contribucións, en tanto que os devanditos usos cumpran estes termos.

  2. Recoñecemento: O recoñecemento é unha parte importante destas licenzas. Consideramos que é outorgar o crédito que merecen os autores. Cando contribúe con texto, acepta ser recoñecido dalgunha das seguintes maneiras:
    1. A través dunha hiperligazón (onde sexa posible) ou enderezo URL cara ao artigo no que colaborou (dado que cada artigo ten un historial que inclúe todos os autores e editores);
    2. A través dunha hiperligazón (onde sexa posible) ou enderezo URL cara a unha copia en liña alternativa e estable que sexa de libre acceso, que cumpra coa licenza e que dea crédito ao autores dun xeito equivalente ao crédito dado no sitio web do proxecto; ou
    3. A través dunha lista de todos os autores (pero, por favor, teña en conta que calquera lista de usuarios debe filtrarse para excluír as achegas moi pequenas ou irrelevantes).
  3. Texto importado: Pode importar texto que atope noutro sitio ou do que sexa coautor, pero nestes casos vostede garante que o texto está dispoñible baixo termos compatibles coa licenza CC BY-SA 3.0 (ou, segundo se explica anteriormente, outra licenza cando sexa esixida excepcionalmente pola edición ou característica do proxecto) ("CC BY-SA"). Non están permitidos os contidos dispoñibles unicamente baixo a GFDL.

    Vostede acepta que, se importa texto baixo unha licenza CC BY-SA que esixa recoñecemento, debe outorgar crédito ao(s) autor(es) dunha maneira razoable. Cando este crédito se dea comunmente mediante historiais de páxinas (como ao copiar internamente na Wikimedia), é suficiente dar recoñecemento no resumo de edición, que queda rexistrado no historial da páxina, ao importar o texto. Os requisitos de recoñecemento son, ás veces, moi intrusivos en circunstancias concretas (independentemente da licenza) e pode haber casos onde a comunidade da Wikimedia decida que o texto importado non se pode empregar por esa razón.

  4. Ficheiros multimedia non textuais: Os ficheiros multimedia non textuais dos proxectos están dispoñibles baixo diferentes licenzas que permiten o fin xeral de reutilización e redistribución sen restricións. Cando achega ficheiros multimedia non textuais, acepta cumprir os requisitos destas licenzas, segundo se describe na nosa política de licenzas, e os das edicións ou características do proxecto no que estea colaborando. Véxase tamén a política de licenzas da Wikimedia Commons para obter máis información sobre como contribuír con ficheiros multimedia non textuais nese proxecto.
  5. Non revogación da licenza: Agás cando sexa coherente coa súa licenza, acepta que non revogará ou buscará invalidar unilateralmente calquera licenza que vostede concedese baixo estes termos de uso a contidos textuais ou ficheiros multimedia non textuais achegados aos proxectos ou características da Wikimedia, mesmo se deixa de empregar os nosos servizos.
  6. Contido no dominio público: O contido que se atope no dominio público é benvido! É importante, con todo, que confirme a condición de atoparse no dominio público baixo a lei dos Estados Unidos de América, así como as leis de calquera outro país segundo se requira na edición do proxecto específica. Cando achega contidos que están no dominio público garante que o material está realmente no dominio público e acepta etiquetalo correctamente.
  7. Reutilización: A reutilización dos contidos que aloxamos é benvida, aínda que existen excepcións para o material achegado baixo exencións do tipo "uso lexítimo" ou similares amparadas polas leis de dereitos de autoría. Calquera reutilización debe cumprir a(s) licenza(s) subxacente(s).
    Cando vostede reutiliza ou redistribúe unha páxina de texto desenvolvida pola comunidade da Wikimedia, acepta recoñecer os autores de calquera das seguintes maneiras:
    1. A través dunha hiperligazón (onde sexa posible) ou enderezo URL cara á páxina ou páxinas que está reutilizando (dado que cada páxina ten un historial que inclúe todos os autores e editores);
    2. A través dunha hiperligazón (onde sexa posible) ou enderezo URL cara a unha copia en liña alternativa e estable que sexa de libre acceso, que cumpra coa licenza e que dea crédito ao autores dun xeito equivalente ao crédito dado no sitio web do proxecto; ou
    3. A través dunha lista de todos os autores (pero, por favor, teña en conta que calquera lista de usuarios debe filtrarse para excluír as achegas moi pequenas ou irrelevantes).

    Se o contido foi importado desde outra fonte, é posible que ese contido se atope baixo unha licenza CC BY-SA compatible, pero non GFDL (segundo se describe no punto "Texto importado" anterior). Nese caso, acepta cumprir coa licenza CC BY-SA compatible, ademais de non ter a opción de engadir a licenza GFDL. Para determinar a licenza que se aplica ao contido que vostede pretende reutilizar ou redistribuír, debería revisar o pé de páxina, o historial da páxina e a páxina de conversa.

    Ademais, teña presente que o texto con orixe en fontes externas e importado nun proxecto pode atoparse baixo unha licenza que necesite requisitos de recoñecemento adicionais. Os usuarios aceptan indicar estes requisitos de recoñecemento adicionais de maneira clara. Dependendo do proxecto, estes requisitos poden aparecer, por exemplo, nun cartel ou noutra notación que sinale que parte ou todo o contido foi publicado orixinalmente noutro sitio. Cando existen estas notacións visibles, as persoas que reutilicen o contido deben preservalas.

    Para calquera ficheiro multimedia non textual, acepta cumprir con calquera que sexa a licenza baixo a que se atope dispoñible a obra (que se pode descubrir premendo na obra e consultando na sección de licenza da súa páxina de descrición ou revisando unha páxina de orixe aplicable a esa obra). Ao reutilizar calquera contido que aloxamos, acepta cumprir cos requisitos de recoñecemento relevantes conforme a licenza ou licenzas subxacentes.

  8. Modificacións ou adicións no material que reutiliza: Cando modifica ou realiza adicións no texto que conseguiu do sitio web dun proxecto, acepta publicar o contido modificado ou engadido baixo a licenza CC BY-SA 3.0 ou algunha versión posterior (ou, segundo se explica anteriormente, outra licenza cando sexa esixida excepcionalmente pola edición ou característica do proxecto).
    Cando modifica ou realiza adicións en calquera ficheiro multimedia non textual que conseguiu do sitio web dun proxecto, acepta publicar o contido modificado ou engadido de acordo coa licenza baixo a que se publicase a obra.
    Tanto no caso de textos como de ficheiros multimedia non textuais, acepta indicar de maneira clara que a obra orixinal foi modificada. Se está reutilizando texto nun wiki, basta con indicar no historial da páxina que fixo un cambio no texto importado. En cada copia ou versión modificada que distribúa, acepta incluír un aviso de licenza declarando a licenza baixo a que se publica a obra, xunto a unha hiperligazón ou enderezo URL cara ao texto da licenza ou unha copia da propia licenza.

8. Cumprimento da DMCA

A Fundación Wikimedia quere asegurarse de que outros usuarios poden reutilizar o contido que aloxamos sen risco de responsabilidade e que non infrinxen os dereitos de propiedade doutras persoas. Para sermos xustos cos nosos usuarios, do mesmo xeito que con outros creadores e posuidores de dereitos de autoría, a nosa política baséase en dar resposta aos avisos de presuntas infraccións que cumpran coas formalidades da Digital Millennium Copyright Act (DMCA). De acordo coa DMCA, nós cancelaremos, nas circunstancias axeitadas, os usuarios ou titulares de contas do noso sistema e da nosa rede que reincidan nas infraccións.

Con todo, tamén recoñecemos que non todos os avisos son válidos ou foron feitos de boa fe. Nestes casos, animamos aos usuarios a presentar contranotificacións cando teñan fundamentos que fagan crer que unha denuncia en virtude da DMCA é inválida ou inoportuna. Para obter máis información sobre o que facer se vostede cre que alguén presentou incorrectamente un aviso segundo a DMCA, pode consultar a páxina web de Chilling Effects.

Se vostede é o propietario do contido que se empregou de xeito inapropiado nun dos proxectos sen o seu permiso, pode solicitar a eliminación do contido segundo a DMCA. Para realizar esta petición, envíenos un correo electrónico ao enderezo legal@wikimedia.org ou póñase en contacto por correo postal co noso axente designado nestoutro enderezo.

Como alternativa, pode facer a solicitude á nosa comunidade, xa que a miúdo xestiona problemas cos dereitos de autoría de modo máis rápido e eficaz que o prescrito pola DMCA. Se é así, pode publicar un aviso explicando os problemas cos dereitos de autoría. Pode consultar unha lista non exhaustiva e non autorizada dos procesos seguidos nas diferentes edicións dos proxectos nesta páxina. Antes de encher unha reclamación segundo a DMCA, tamén ten a opción de enviar un correo electrónico á comunidade no enderezo info@wikimedia.org.

9. Sitios web e recursos de terceiros

Vostede é o único responsable da utilización de sitios web e recursos de terceiros. Aínda que os proxectos conteñen ligazóns cara a sitios web e recursos de terceiros, non avalamos nin somos responsables da súa dispoñibilidade, exactitude ou contidos, produtos ou servizos relacionados (incluíndo, entre outros, calquera virus ou característica disfuncional), nin temos a obriga de controlar eses contidos de terceiros.

10. Administración dos sitios web

A comunidade ten o papel principal en canto á creación e aplicación das políticas das diferentes edicións dos proxectos. Desde a Fundación Wikimedia, raramente intervimos nas decisións comunitarias relacionadas coas políticas e o seu cumprimento. En casos inusuales, pode xurdir esa necesidade ou a comunidade pode pedirnos axuda para tratar cun usuario especialmente problemático debido a unha actitude molesta ou un comportamento perigoso para o proxecto. Nestes casos, reservámonos o dereito, pero non temos a obrigación, de:

It is possible to notify us of illegal content, or content that violates our Terms of Use (including all policies and other documents incorporated by reference) for other reasons by contacting us directly. However, you can typically make a request directly to the Project's community: this may be more efficient, and is more consistent with our Projects' aim to empower the user community.

Each Project will usually provide "Help" or "Contact" pages for further guidance, or specific tools for reporting issues. Alternatively – if in doubt – you can ask members of the community for help, by sending an email to info@wikimedia.org or a more language-specific address from the Volunteer Response Team page. Please note that these mailboxes are monitored by users of the Projects, not the Foundation. As a result, they should not be threatened or issued with legal demands.

If you contact the Foundation with a problem, we will typically explore whether and how existing community-led mechanisms can investigate and, where appropriate, resolve it.

In an unusual case, the need may arise, or the community may ask us, to address an especially problematic user or especially problematic content because of significant Project disturbance or dangerous behavior. In such cases, we reserve the right, at our sole discretion (or where legally compelled), to:

  • Investigar o uso que vostede fixo do servizo (a) para determinar se houbo unha violación destes termos de uso, dalgunha política da edición do proxecto ou calquera outra norma ou política aplicable, ou (b) para cumprir calquera lei aplicable, proceso legal ou solicitude gobernamental apropiada;
  • Detectar, prevenir ou tratar de calquera outro xeito un problema de fraude, de seguridade ou técnico, ou responder ás solicitudes de asistencia dun usuario;
  • Rexeitar, desactivar ou restrinxir o acceso á contribución de calquera usuario que viole estes termos de uso;
  • Bloquear un usuario fronte á edición ou contribución, ou bloquear a conta de usuario ou o acceso por accións que violan os presentes termos de uso, incluíndo a repetición de infraccións dos dereitos de autoría;
  • Tomar medidas legais contra aqueles usuarios que violen estes termos de uso (incluíndo comunicacións ás autoridades policiais); e
  • Administrar doutro modo os sitios web dos proxectos dunha maneira deseñada para facilitar o seu funcionamento axeitado e protexer os dereitos, propiedade e seguridade de nós e dos nosos usuarios, titulares de dereitos, socios e o público en xeral.
  • Ban a user from editing or contributing or block a user's account or access for actions violating these Terms of Use, including repeat posting of unlawful material under applicable law in line with human rights principles;
  • Take legal action against users who violate these Terms of Use (including reports to law enforcement authorities); and
  • Manage otherwise the Project websites in a manner designed to facilitate their proper functioning and protect the rights, property, and safety of ourselves and our users, licensors, partners, and the public.

Those Foundation moderation activities may be informed or performed by software (such as traffic flood ("Denial of Service") protection). In those cases human review is normally available, upon request.

No interese dos nosos usuarios e os proxectos, na extrema circunstancia de que un individuo vise a súa conta ou o seu acceso bloqueado baixo esta disposición, el ou ela ten prohibido crear ou usar outra conta ou buscar acceso ao mesmo proxecto, a menos que lle deamos permiso explicitamente. Sen limitar a autoridade da comunidade, a propia Fundación Wikimedia non bloqueará un usuario fronte á edición ou contribución ou bloqueará a conta ou o acceso do usuario unicamente por realizar críticas de boa fe que non resulten en accións que doutro xeito violen estes termos de uso ou as políticas da comunidade.

A comunidade da Wikimedia e os seus membros poden igualmente tomar parte nas accións cando así estea permitido polas políticas aplicables da comunidade ou da Fundación na edición do proxecto en particular, incluíndo, entre outras medidas, a advertencia, a investigación ou a expulsión de usuarios que violan esas políticas. Vostede acepta respectar as decisións finais das entidades de resolución de conflitos establecidas pola comunidade do proxecto específico (como comités de arbitraxe); estas decisións poden incluír sancións conforme o que estea definido nas políticas da edición dese proxecto.

Os usuarios especialmente problemáticos que visen as súas contas ou o seu acceso bloqueado en múltiples edicións de proxectos poden ser suxeitos a unha expulsión de todo o conxunto de proxectos, de acordo coa política de bloqueos globais. A diferenza das resolucións do Consello de Administración ou destes termos de uso, as políticas establecidas pola comunidade, que poden cubrir unha ou varias edicións de proxectos (como a política de bloqueos globais), poden ser modificadas pola comunidade segundo os procedementos que teñan acordados.

O bloqueo de contas ou do acceso ou a expulsión dun usuario baixo esta disposición debe facerse de acordo coa sección 12 dos presentes termos de uso.

If you believe we have not satisfactorily acted on a problematic content report, or if you have been subjected to a Foundation moderation action that you wish to challenge, you may be able to submit an appeal.  Other information about routes of appeal may also be explained to you at the time, or in Project-specific help pages.

We reserve the right to suspend (temporarily, or permanently) our handling of reports or other correspondence from users or third parties, whether about allegedly illegal or otherwise problematic content or conduct, or requesting appeals against moderation actions, if such correspondence was made in bad faith, repetitive, unfounded, and/or abusive. In appropriate circumstances, your email address may even be blocked on our email system(s), and you will then need to contact us at our postal address if you wish to further correspond with us during that block. For less serious cases (e.g. up to three polite emails about one or more meritless complaints), this is likely to be temporary. More frequent or more abusive communications are more likely to lead to permanent measures.

11. Resolucións e políticas dos proxectos

O Consello de Administración da Fundación Wikimedia elabora políticas oficiais de cando en vez. Algunhas destas políticas poden ser obrigatorias para un proxecto ou a edición dun proxecto en particular, e, cando así é, acepta cumprilas.

12. API Terms

We make available a set of APIs, which include documentation and associated tools, to enable users to build products that promote free knowledge. By using our APIs, you agree to abide by all applicable policies governing the use of the APIs, which include but are not limited to the User-Agent Policy, the Robot Policy, and the API:Etiquette (collectively, "API Documentation"), which are incorporated into these Terms of Use by reference.

13. Interrupción deste acordo

Malia que agardamos que vostede siga contribuíndo aos proxectos, pode deixar de usar os nosos servizos en calquera momento. En certas circunstancias (que esperamos improbables), pode ser necesaria para nós ou para a comunidade da Wikimedia ou os seus membros (segundo o descrito na sección 10) a interrupción de parte ou da totalidade dos nosos servizos, a interrupción dos presentes termos de uso, o bloqueo da súa conta ou do seu acceso, ou o bloqueo da súa persoa como usuario. En caso de bloqueo da súa conta ou do seu acceso ou doutro xeito interrompidos por calquera outra razón, as súas contribucións públicas seguirán estando dispoñibles publicamente (suxeitas ás políticas aplicables), e, a menos que informemos á súa persoa do contrario, vostede seguirá tendo acceso ás nosas páxinas públicas co único fin de ler os contidos dispoñibles publicamente presentes nos proxectos. Nestas circunstancias, con todo, non poderá acceder á súa conta ou configuracións. Reservámonos o dereito de suspender ou finalizar os servizos en calquera momento, con ou sen causa, e con ou sen aviso previo. Mesmo despois de que vexa prohibidas, bloqueadas ou doutro xeito suspendidas a súa utilización e participación, estes termos de uso permanecen en vigor no que se refire ás disposicións relevantes, incluíndo as seccións 1, 3, 4, 6, 7, 9 a 15 e 17.

14. Conflitos e xurisdición

Destacado para enfatizar

Agardamos que non xordan desacordos serios que involucren a súa persoa pero, en caso de que haxa unha disputa, pedimos que busque unha solución a través dos procedementos de resolución de conflitos ou dos mecanismos proporcionados polo proxecto ou as edicións do proxecto e a Fundación Wikimedia. Se quere realizar unha reclamación legal contra nós, acepta presentala e resolvela exclusivamente nun tribunal estatal ou federal localizado no condado de San Francisco, California. Tamén acepta que as leis do estado de California e, na extensión aplicable, as leis dos Estados Unidos de América rexerán sobre estes termos de uso, así como calquera reclamación legal que poida xurdir entre vostede e nós (sen referencia a conflitos de leis). Acepta someterse á xurisdición persoal dos tribunais localizados no condado de San Francisco, California, e acepta que ese lugar é apropiado para calquera acción ou proceso legal relacionado con nós ou estes termos de uso.

Para asegurarnos da rápida atención ás disputas pouco tempo despois de xurdiren, vostede acepta que, máis alá de calquera estatuto ou lei en contra, calquera reclamación ou causa de acción que poida ter en relación coa utilización dos nosos servizos ou estes termos de uso debe presentarse dentro do estatuto de límites aplicable ou, se fose antes, un (1) ano despois de que os feitos pertinentes que desen lugar á devandita reclamación ou causa de acción fosen descubertos mediante unha dilixencia razoable (baixo a pena de prescribir).

Marketing Company Mediations

As described in section 4 of these Terms of Use, you agree to resolve violations of the Paid Contributions without Disclosure in a Marketing Company Mediation at the Foundation's discretion. Marketing Company Mediations are binding mediations where, at the end of either a half or full day session, any disputed items that remain unresolved will be decided by the mediator in a legally binding decision. They will be conducted in meetings by teleconference or videoconference. If an in-person meeting is required, then the Marketing Company Mediation will take place in San Francisco County, California. The parties will split all fees and expenses related to the mediation/arbitration equally.

You agree, as part of a Marketing Company Mediation, to cooperate with the Foundation, including by timely providing any documentation in your possession relating to your undisclosed paid editing activities including the accounts used, articles affected, and clients who purchased such services.

Marketing Company Mediations are subject to and governed by the Federal Arbitration Act to the extent that the mediator becomes an arbitrator. The prevailing party shall be entitled to recover its attorneys' fees (including all fees necessary to determine the applicability of the Marketing Company Mediation and to enforce the binding result) and all costs relating to the investigation and enforcement of its rights. A party may be deemed "prevailing" even if it is not successful on every claim asserted.

If for some reason the entirety of these Marketing Company Mediation requirements are found to be unenforceable, you agree to resolve any disputes as described in the beginning of this section.

15. Renuncias

Destacado para enfatizar

Na Fundación Wikimedia, esforzámonos ao máximo para ofrecer contidos educativos e informativos para un público moi amplo, pero o uso que vostede fai dos nosos servizos é responsabilidade súa. Nós proporcionamos estes servizos como tales en función da súa dispoñibilidade e renunciamos expresamente a toda garantía expresa ou implícita de calquera tipo, incluíndo, entre outras, as garantías implícitas de comercialización, adecuación a unha finalidade específica ou non infracción. Non ofrecemos garantía ningunha de que os nosos servizos se adecúen aos seus requisitos ou de que sexan seguros, ininterrompidos, rápidos, precisos e non conteñan erros ou de que a súa información estará segura.

Non somos responsables dos contidos, datos ou accións de terceiros, e vostede libéranos a nós e aos nosos directores, executivos, empregados e axentes de calquera responsabilidade fronte a reclamacións ou danos, tanto coñecidos como descoñecidos, que xordan ou doutro xeito estean relacionadas con algunha reclamación que vostede teña contra terceiros. Ningún consello ou información, ben sexa oral ou escrito, obtido por vostede a través de nós ou dos nosos servizos crea algún tipo de garantía que non estea expresamente estipulada nestes termos de uso.

Calquera material descargado ou doutro xeito obtido a través do uso dos nosos servizos realízase baixo a súa propia conta e risco, e vostede será o único responsable de calquera dano producido no seu sistema informático ou perda de datos que resulte da descarga do devandito material. Vostede acepta que nós non temos ningunha responsabilidade ou obrigación en canto ao borrado ou fallos no almacenamento ou transmisión de calquera contido ou comunidación mantida polo servizo. Reservámonos o dereito de establecer límites sobre o uso e almacenamento segundo o noso criterio, en calquera momento e con ou sen previo aviso.

Algúns estados ou xurisdicións non permiten os tipos de renuncias presentes nesta sección, de modo que estas poden non aplicarse a vostede en parte ou na súa totalidade dependendo da lei.

16. Limitación de responsabilidade

Destacado para enfatizar

A Fundación Wikimedia non será responsable de vostede ou calquera outra parte por calquera dano directo, indirecto, fortuíto, especial, resultante ou exemplar, incluíndo, entre outros, a perda de ganancias, fondos, imaxe, datos ou outras perdas intanxibles, independentemente de que nós fósemos avisados da posibilidade deste dano. Baixo ningunha circunstancia a nosa responsabilidade excederá mil dólares estadounidenses (1000,00$) en total. En caso de que a lei aplicable non permita a limitación ou exclusión de responsabilidade ou danos resultantes, a limitación ou exclusión anterior pode non aplicarse a vostede, aínda que a nosa responsabilidade estará limitada ao máximo permitido pola lei aplicable.

17. Modificacións destes termos de uso

Así como a participación da comunidade da Wikimedia é esencial para o crecemento e mantemento dos proxectos, cremos que a participación da comunidade é esencial para que os presentes termos de uso sirvan adecuadamente aos nosos usuarios. Tamén é esencial para un contrato xusto. Por este motivo, proporcionaremos estes termos de uso, así como calquera revisión futura substancial dos termos de uso, á comunidade un mínimo de trinta (30) días antes da fin do período de comentarios. Se unha futura revisión proposta é substancial, daremos 30 días adicionais para expresar os comentarios despois de publicar unha tradución da revisión proposta nun mínimo de tres linguas (seleccionadas por nós). Animaremos á comunidade a traducir a revisión proposta a outras linguas segundo sexa apropiado. Para realizar cambios por motivos legais ou administrativos, para corrixir unha declaración imprecisa ou para facer cambios en resposta a comentarios da comunidade, daremos un aviso dun mínimo de tres (3) días.

Dado que pode ser necesaria a modificación destes termos de uso de cando en vez, publicaremos un aviso destas modificacións e a oportunidade de comentar estes cambios a través dos sitios web dos proxectos e mediante unha notificación en WikimediaAnnounce-l. Con todo, pedimos que revise periodicamente a versión máis recente dos presentes termos de uso (dispoñible no enderezo $2). O feito de que vostede continúe facendo uso dos nosos servizos despois de que os novos termos de uso se fagan oficiais unha vez rematado o período de aviso e revisión constitúe unha aceptación pola súa banda deses termos de uso. Co fin de protexer a Fundación Wikimedia e os outros usuarios coma vostede, se non acepta os nosos termos de uso, non pode utilizar os nosos servizos.

18. Outros termos

Estes termos de uso non crean unha relación de emprego, de dependencia, de sociedade ou de xuntanza entre vostede e nós, a Fundación Wikimedia. Se non asinou un acordo distinto con nós, estes termos de uso son o acordo ao completo entre vostede e nós. Se existise algún conflito entre estes termos de uso e un acordo asinado entre vostede e nós, prevalecerá o acordo asinado.

Vostede acepta recibir avisos, incluíndo aqueles en relación con cambios feitos nestes termos de uso, por correo electrónico, por correo regular ou por medio de publicacións nos nosos sitios web.

Se, nalgunha circunstancia, non aplicamos ou facemos cumprir algunha cláusula destes termos de uso, iso non significa unha renuncia á devandita cláusula.

Vostede entende que, a menos que doutro xeito fose acordado por escrito con nós, non agarda compensación ningunha por calquera actividade, contribución ou idea que ofreza á comunidade, aos proxectos da Wikimedia ou ás edicións de proxectos.

Malia calquera disposición contraria a estes termos de uso, nós (a Fundación Wikimedia) e vostede aceptamos non modificar os termos e esixencias aplicables de calquera licenza libre empregada nos proxectos ou nas edicións dos proxectos cando a denvandita licenza libre estea autorizada por estes termos de uso.

Estes termos de uso foron redactados en inglés estadounidense. Aínda que gardamos que as traducións dos mesmos sexan precisas, en caso de haber diferenzas no significado da versión orixinal en inglés e a tradución, a versión orixinal en inglés prevalecerá sobre a outra.

Se algunha cláusula, en parte ou ao completo, destes termos de uso resulta ser ilícita, nula ou inaplicable, a citada cláusula separarase dos termos de uso e aplicarase na súa máxima extensión permitida, mentres que o resto de cláusulas permanecerán en total vigor e efecto.

Grazas!

Apreciamos que empregase o seu tempo en ler estes termos de uso e alegrámonos de que colabore cos proxectos e utilice os nosos servizos. A través das súas contribucións, vostede está axudando a construír algo realmente grande. Esta obra non se limita a unha importante colección de proxectos de referencia editados de xeito colaborativo que achegan educación e información a millóns de persoas que doutro xeito poderían carecer de acceso á mesma, senón que tamén é unha enorme comunidade de persoas co mesmo espírito e involucración, centrada nun noble obxectivo.


These Terms of Use went into effect on June 7, 2023. Previous versions of the terms:


Tenha em atenção que, no caso de ocorrerem diferenças de significado ou interpretação entre a versão inglesa original desta Política de Privacidade de Doadores e uma tradução, prevalece a versão inglesa original.